O Centro Sociocultural de Baio acollerá este xoves un curso sobre o uso de caixeiros

1 minutes read

O Centro Sociocultural de Baio acollerá o vindeiro xoves 18 de maio un curso sobre o uso de caixeiros de forma fácil e segura. Esta é unha actividade dirixida principalmente a persoas maiores e que ten como obxectivo aprender a usar os caixeiros automáticos para facer as operacións máis habituais en calquera momento. 

A formación, enmarcada no Programa de Educación Financeira de Abanca, comeza ás 10:30 horas e despois dunha pequena charla introductoria, os/as asistentes desprazaranse xunto cun monitor a un caixeiro para aplicar os coñecementos. A duración aproximada desta formación é de dúas horas.

Para poder participar é necesario anotarse previamente na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 (Isabel).