O Centro Sociocultural de Baio acollerá unha nova edición da Universidade Sénior

3 minutes read

Dende o 1 e ata o 14 de febreiro estará aberto o periodo de inscrición para participar na 6ª edición do Programa Universitario para Maiores de 50 anos organizado pola Universidade da Coruña, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte e o Concello de Zas, e que se desenvolverá entre os meses de febreiro a abril, no Centro Sociocultural de Baio.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito online a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ )  ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I. PATRIMONIO E SOCIEDADE

19 de febreiro, “O imaxinario social da natureza e os seus desastres” – Prof. Elvira Santiago Gómez

27 de febreiro, “A moda a través da historia” – Prof. Elvira Lezcano González

29 de febreiro  “Zas: Unha cidade e unha historia” – Prof. Miguel Abelleira Doldán

1 de marzo, Visita Cultural á Coruña – Prof. Miguel Abelleira Doldán

MÓDULO II. CIENCIA E TECNOLOXÍA

4 de marzo, “I+D e Innovación en Galicia”  -Prof. Alfonso Bravo Juega

5 de marzo, “Situarse no mar: o ceo como guía” – Prof. Alsira Salgado Don

11 de marzo, “Ciencia con datos” – Prof. Salvador Naya Fernández

12 de marzo, Saída de Campo á Casa das Ciencias (Planetario)  – Prof. Alsira Salgado Don

MÓDULO III. SAÚDE E BENESTAR

18 de marzo, “Factores de risco de demencia” – Prof. J. Luis Rodríguez-Villamil Fernández

19 de marzo, “Que e o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva – Prof. Raquel Veiga Seijo

1 de abril, “Augas termais e Saúde” – Prof. Rosa Meijide Faílde

2 / 3 de abril, Saída de Campo ao Balneario de Carballo Prof. Rosa Meijide Faílde

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como vén facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?