O Centro Superior de Hostelería de Galicia comeza o curso con varias formacións para empresas


O Centro Superior de Hostelería de Galicia comeza o curso con varias formacións en sustentabilidade para empresas, seguindo coa aposta pola formación ao sector sendo un referente en canto a calidade e especialización.

Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia, recóllese que Galicia debe apostar por un modelo turístico que contribúa ao desenvolvemento sostible do destino e ao cumprimento dos Obxectivos da Axenda 2030, polo que o Centro levará a cabo neste mes de outubro e no mes de novembro un curso sobre “Programa de macrotendencias e sustentabilidade” e na última quincena de outubro o “Curso como deseñar o Plan de Sustentabilidade na miña empresa: deseño de guía e plan de acción”.

Este programa levarase a cabo en 7 xornadas de maneira presencial os martes de 10 a 13 horas no Centro Superior de Hostelería (CSHG) nas que se expoñerán as diferentes temáticas e investigacións, e práctica a través da realización de casos de estudo entre os participantes para fomentar o networking entre empresas.