O ceo do Caribe escurécese por unha gran nube de calima do Sahara

Os científicos viñeron seguindo esta xigantesca nube de calima ou po sahariano grazas aos satélites. Bautizárona Godzilla, polo seu monstruoso tamaño. Tocou terra no caribe escurecendo o ceo e empeorando a calidade do aire. Saíu do deserto do Sahara hai case unha semana e comezou a escurecer o ceo do Caribe o luns. Os días con máis concentración de po foron o martes e o mércores. Esta animación obtida por Adam Platform mostra a rápida viaxe de ‘ Godzilla’ polo Atlántico. A imaxe do primeiro tweet mostra a situación da xigantesca nube o día 23 de xuño. Os índices de calidade do aire alcanzaron límites perigosos para a saúde, principalmente os de partículas finas e recomendouse aos cidadáns que evitasen saír á rúa e instalasen filtros de aire na medida do posible. «Este é o evento máis significativo dos últimos 50 anos», dixo Pablo Méndez Lázaro, especialista en saúde ambiental da Universidade de Porto Rico. «As condicións son perigosas en moitas illas do Caribe». Moitos especialistas da saúde preocupáronse por aqueles que loitan contra os síntomas respiratorios relacionados con COVID-19. Lázaro, que está a traballar coa NASA para desenvolver un sistema de alerta para a chegada do po do Sahara, dixo que a concentración era tan alta nos últimos días que mesmo podería ter efectos adversos en persoas sas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha