O cerco galego descolocado tras a decisión de Portugal de aumentar a cota de sardiña

1 minutes read
  • Portugal asegura que pescarán 1.800 toneladas a maiores das 7.000 que xa estaban previstas para este ano, dinamitando así o seu acordo con España para xestionar a especie de forma conxunta.

Os cerqueiros galegos non poden pescar sardiña. A cota agotouse xa o mes pasado. O acordo con Portugal para xestionar a especie permítíanos capturar este ano 3.000 toneladas. Para os portugueses quedaban outras 7.000.

Pero a ministra portuguesa de pesca acaba de anunciar que aumenta a cota portuguesa en 1.800 toneladas. E deste xeito sáltase o acordo pesqueiro sen aviso previo. En Galicia ninguén entende o que pasa.

Jose Antonio Pérez Presidente da Federación Galega de Confrarías de Pesca afirma que: «Se eles van pescar 1.800 toneladas nos tamén teríamos que pescar o mesmo ou unha parte proporcional. Entón, de momento, como non sabemos nada, estamos á espera de que nos confirmen o luns como vai ser isto».