O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas alcanza a súa maioría de idade

1 minutes read

O XVIII  Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas púxose en marcha coa presentación da cita nun acto que tivo lugar na mañá deste xoves no salón de Plenos do Concello de Malpica. O concurso literario, nacido no ano 2005, xa é unha tradición na convocatoria poética en lingua galega e segue atraendo cada ano un destacado número de participantes.

No acto participaron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, a concelleira de Cultura , Noelia Freijeiro, e o presidente da asociación cultural Caldeirón (entidade que convoca o certame), Paco de Tano. 

Eduardo Parga fixo una lembranza de Paco Souto, un dos artífices deste certame e lembrou que comezou cando el era concelleiro de Cultura. “Esperemos que neste novo certame haxa máis interesados e máis participación e o Concello seguirá apoiando mentres se celebre o certame. “.

Pola súa banda, Paco de Tano lembrou, do mesmo xeito que o alcalde, a figura de Paco Souto, falecido en 2017, como un dos impulsores deste premio. “Entre o dous chegamos a facer esta editorial que a única editorial de poesía en toda Galicia. Unha editorial que naceu aquí en Malpica. Somos pequeniños pero ao mesmo tempo somos moi grandes culturalmente.”. Tano finalizou apuntado que “temos un premio único en toda España”.