- O acto de entrega dos premios será este venres, ás 11:30 horas, no salón de Plenos do Concello
O Concello de A Laracha sumouse o pasado 15 de outubro á conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais cun concurso fotográfico que tiña como obxecto reflectir en imaxes as particularidades das mulleres rurais presentes e pasadas da Laracha, poñendo en valor o seu traballo e contribución ao desenvolvemento local.
No certame Día da Muller Rural participaron doce fotografías, das cales oito foron na categoría Mulleres rurais do presente e outras catro na categoría Mulleres rurais do pasado. Cada categoría conta con tres premios consistentes en vales de 200, 100 e 50 euros para gastar nos establecementos comerciais do municipio larachés.
Tal e como se establecera nas bases do concurso, outórganse os premios ás tres fotografías de cada categoría que obtiveron máis ‘me gusta’ no Facebook municipal desde o día 26 de outubro ata o 1 de novembro ás 10:00 horas. Unha vez finalizado o prazo, durante o que se rexistraron máis de 2.800 votos, a listaxe de fotografías e persoas premiadas é a seguinte:
Categoría “Mulleres rurais do pasado”
- 1º Premio: “As vodas do pasado: Un día de voda” de María del Carmen Iglesias Fraga.
- 2º Premio: “Abuela Xoana” de María Sánchez Tuset.
- 3º Premio: “Nena chamando á corda unha parella de vacas” de José Souto Pallas.
Categoría “Mulleres rurais do presente”
- 1º Premio: “María levando o tractor” de Laura Gayoso Mareque.
- 2º Premio: “Cocendo no pan” de María Sánchez Tuset.
- 3º Premio: “Amor de sacho” de Alberto Méndez Faquet.
O acto de entrega dos premios será este venres ás 11:30 horas no salón de Plenos do Concello.