Desde este venres, será obrigatorio presentar este documento para poder entrar nos museos, restaurantes ou outros moitos lugares públicos destes países. As autoridades advirten de fortes multas para todo aquel, cliente ou encargado de establecemento, que incumpra a norma.
Os cidadáns italianos xa estaban sobre aviso: o Goberno anunciou a norma o pasado 22 de xullo, e uns 50 millóns dos 60 millóns de residentes en Italia xa tiñan o certificado a finais dese mes. Para obtelo, un debe demostrar que recibiu polo menos unha dose dunha vacina contra o coronavirus aprobada para o seu uso na Unión Europea, que se recuperou do COVID-19 no últimos seis meses ou que ten resultados negativos dunha análise realizada nas 48 horas anteriores. Ademais dos expedidos pola Unión Europea, Italia aceptará tamén os certificados de vacinación expedidos por Estados Unidos, Canadá, Xapón ou Israel.
En Francia, e tras a aprobación por parte do Constitucional da obrigación de presentar, desde o vindeiro luns, o famoso certificado, as protestas non tardaron en multiplicarse. O pase sanitario é requirido en Francia desde o pasado día 21 de xullo en lugares como cines, museos ou centros deportivos con capacidade para máis de 50 persoas. E a partir do luns 9 de agosto será ademais obrigatorio en cafeterías, restaurantes ou para coller un avión. Simplemente, imprescindible.