29
O Diario Oficial de Galicia deste venres recolle a prorroga desta esixencia. polo que ata o 26 de marzo o certificado Covid seguirá sendo necesario para visitar pacientes ingresados en hospitais e en residencias de maiores. Despois destas dúas semanas máis, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que agarda que a medida deixe de ser precisa. A retirada da recomendación do uso das máscaras nos patios dos colexios estudarase xa estes días. A pesar da mellora da situación hospitalaria, as autoridades din que nesta volta á normalidade non conveñen as presas.