O CETIM liderará unha investigación da UE para recuperar materias primas críticas a partir de residuos


Europa depende case ao 100% da importación desde China, Sudáfrica e Rusia de terras raras, magnesio e metais do grupo platino.

As materias primas críticas están vinculadas a unha gran parte dos sectores industriais estratéxicos da UE que xeran máis de 30 millóns de empregos.

A investigación tecnolóxica coordinada desde Galicia basearase na biorrecuperación a partir de diferentes fontes, desde residuos mineiros, produción de alúmina, calcinación da magnesita, produción de catalizadores ata minerais de baixa lei.

A Comisión Europea adxudicou a CETIM o proxecto Horizon 2020 BIORECOVER (6,3 M€) para investigar este proceso innovador en liña co Plan de Acción da UE para a Economía Circular e a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable.

O reto de BIORECOVER é alcanzar “o residuo cero”.