O CGAC acolle este xoves a presentación do catálogo da exposición “Museo (do ermitán) Man”

Exterior Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago_Manu Suárez para cultural.gal

  • Comezará ás 18:30 horas e para asistir será necesario inscribirse

O catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man será presentado ao público este xoves, 15 de abril, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Será ás 18:30 e ao evento asistirán Andrea Serodio, responsable do museo Man de Camelle (Camariñas) e comisaria da mostra; Carmen Hermo, comisaria da mostra e docente da Universidade de Vigo; e Santiago Olmo, director do CGAC.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse enviando unha mensaxe electrónica indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono ao enderezo cgac.prensa@xunta.gal. O aforo máximo da sala está limitado a 60 asistentes.