O chanceler alemán Olaf Scholz visitou por primeira vez ao Papa no Vaticano

O Papa Francisco recibiu á o chanceler alemán, Olaf Scholz, no Palacio Apostólico. Posteriormente, Scholz reuniuse co secretario de Estado do Vaticano, o cardeal Pietro Parolin.

Na nota difundida polo Vaticano despois do encontro, «expresouse satisfacción polas boas relacións e a frutífera colaboración que existe entre a Santa Sede e Alemaña, sinalando a importancia da fe cristiá na sociedade alemá».

Algúns temas prioritarios estiveron en primeiro plano: os conflitos en Gaza e Ucraína e o consecuente compromiso coa paz, na procura dunha «solución diplomática que conduza ao cesamento das hostilidades canto antes». O fenómeno da migración tamén estivo no centro da visita.

Scholz entregou ao Papa o balón oficial da UEFA Eurocopa 2024 e un oso de porcelana co escudo de armas da República Federal de Alemaña.

O Papa, pola súa banda, doou unha obra de bronce titulada «Amor social», que representa a un neno que axuda a outro a levantarse, coa inscrición «Axudar amorosamente», os volumes de documentos papais, a mensaxe deste ano pola Paz e o libro sobre a Statio Orbis do 27 de marzo de 2020, editado pola Editorial Vaticana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha