O chavismo elixe a Luís Parra como novo presidente do Parlamento venezolano


Deputados chavistas da Asemblea Nacional (AN, Parlamento) elixiron como presidente do organismo a Luís Parra, antigo membro do partido Primeiro Xustiza, nun bronco e breve debate ao que non chegou o líder opositor Juan Guaidó, retido durante horas pola Policía nos arredores do Palacio Lexislativo. O deputado de maior idade presente no hemiciclo exerceu como presidente temporal da sesión antes da elección de Parra que o equipo de Guaidó cualificou como un “golpe ao parlamento”, posto que quen o elixiu fixérono “sen votos nin quórum”.