O ciclón Idai deixa máis de 700 mortos en Mozambique

A devastación causada polo ciclón Idai en Mozambique provocou unha dramática situación sen precedentes. Con máis de 700 mortos confirmados e cunha estimación por parte das autoridades mozambiqueñas, encabezadas polo seu presidente Filipe Nyusi, de superar o milleiro de falecidos, o ciclón arrasou con case a totalidade de cidades como Beira, a segunda máis grande do país.
Nyusi, tras unha reunión extraordinaria do Goberno celebrada nesta cidade devastada nun 90%, declarou unha “emerxencia nacional” por ese desastre que devastou pobos e cidades. O paso de Idai polo sureste de África afectou a máis de 2,6 millóns de persoas e podería converterse nun dos peores desastres relacionados co clima xamais rexistrados no hemisferio sur, dixeron responsables da ONU.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha