O Centro de Información ás Mulleres de Arteixo (CIM) propón actividades dirixidas á infancia e á mocidade a través dos medios sociais con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Será en colaboración cos centros educativos do municipio, pero tamén poden participar individualmente.
Trátase de sendos concursos a través das redes sociais nos que o CIM propón reflexionar sobre o papel das mulleres na sociedade actual.
Haberá un concurso na rede Tik Tok no que poderán participar estudantes de secundaria do concello, matriculados nun centro educativo de Arteixo. Deberán inscribirse no propio centro educativo ou a través de correo electrónico dirixido á organización, indicando nome de usuario Tik Tok, e proporcionando os seguintes datos: nome, apelidos, idade, centro educativo, e curso. Deberán incluír achega unha autorización dos seus titores legais, e de cesión de uso das imaxes ao Concello de Arteixo.
Hai un premio por cada curso de ESO e bacharelato, e outro para F.P. e será unha tablet.
Conta oficial do concurso en Tik Tok: @mulleresarteixo8m
Hashtag #mulleresarteixo8m
Tamén se propón un concurso fotográfico dirixido ao alumnado de 2º ciclo de educación primaria. O obxectivo é promover no alumnado mais novo a conciencia sobre a necesaria igualdade de xénero a través da fotografía / debuxo/collage ou similar pero presentado en formato dixital.
Estará habilitada unha conta de correo electrónico e un teléfono movil para o envío das imaxes mulleresarteixo8m@gmail.com
Tlf. 644 62 44 75
Desenvólvese como obxectivo transversal a utilización responsable das redes sociais.
