Camariñas | O cine encherá as noites das fins de semana de verán

1 minutes read
  • O sábado 24 de xullo proxectarase en Xaviña a película ‘El Rey León’. Posteriormente haberá sesións en Arou, Camelle, Ponte do Porto e Camariñas

O Concello de Camariñas programa durante todo o verán noites de cine ao aire libre por todas as parroquias, comezando o sábado 24 de xullo en Xaviña na Praza da Igrexa.

Todas as sesións comezarán a partir das 22:00 horas e está previsto que as pantallas se instalen no exterior en diferentes lugares. No caso de que chova, estas trasladaranse a espazos cubertos. Todos os asistentes recibirán flocos de millo gratuítos.

Calendario dos filmes:

Sábado 24 de xullo. ‘El Rey León’. Praza da Igrexa de Xaviña. Se chove será na casa da Sociedá

Sábado 31 de xullo. ‘Quien a hierro mata’. Praza da Praia en Arou. Se chove será no centro A Estivada

Venres 6 de agosto. ‘Spiderman: lejos de casa’. Praza Igrexa en Camelle. Se chove será na Casa do Alemán

Venres 13 de agosto. ‘A Galiña Turuleca’. Paseo fluvial da Ponte do Porto. Se chove será no centro cultural

Venres 20 de agosto. ‘Dumbo (Tim Burton). Praza de San Xurxo en Camariñas. Se chove será na Casa de Pedra

Venres 27 de agosto. ‘O que arde’. Praza do Mercado en Camariñas. Se chove será na Casa de Pedra