O cine París de Muros está a ser recuperado como centro sociocultural


Os traballos, que xa están moi avanzados, supoñen un investimento de 266.000 euros e inclúen a renovación da cuberta e o acondicionamento da fachada para, posteriormente, darlle unha nova vida como centro sociocultural. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou a localidade muradá para supervisar as diferentes obras que alí ten en marcha a Deputación con cargo aos fondos do Plan Único e foi recibido no salón de plenos pola alcaldesa, Inés Monteagudo, e membros da corporación. Na visita tamén participaron o deputado Blas García e a deputada Sandra González.