O CIS dá maioría absoluta ao PSOE e Podemos, caída libre ao PP

Segundo a enquisa publicada polo CIS este martes, o PSOE será o gañador das eleccións xerais do próximo 28-A con un 30% dos votos e moveríase entre 123 e 138 escanos. Sacaría así ao PP 13 puntos, que lograría entre 66 e 76 deputados.

O bloque formado polas dúas grandes forzas de esquerda, PSOE e Unidas Podemos, conseguiría un 43,1% dos escrutinios, e na súa previsión de escanos máis favorable, superaría a maioría absoluta con 179 deputados.

O grupo dos tres partidos de centro dereita, PP, Ciudadanos e Vox, alcanzaría un 42,8% dos votos e moveríase nunha pinza de entre 138 e 166 deputados, lonxe do listón da maioría.

Os socialistas, a pesar de rexistrar un descenso de tres puntos respecto ao anterior barómetro do CIS, terían a opción de poder formar unha maioría folgada tanto con Unidas Podemos como con Ciudadanos. Con este segundo partido mesmo poderían lograr, de acordo coa marxe máis alta das previsións, ata 189 escanos, 13 máis que a maioría absoluta.

Resultado das Xeráis do 2016.
Última enquisa do CIS.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha