Partido aprazado da 11ª xornada da Liga Galega Ouro
Balonmán Cisne 40 – Grupo Lemaco Xiria A 30 – (17-13)
O Cisne demostrou ser o equipo máis forte da categoría ante un Grupo Lemaco que non se minorou pero acabou cedendo ante o potencial dos pontevedreses.
Non se engurraron de saída e os carballeses e imprimiron un ritmo alto de encontro apremando as traxectorias dende a defensa 5:1, intentando roubar o balón para a saída a contra, máis dificultades tiña o Xiria en ataque ante a envergadura do rival, que non deixaba dar velocidade ao balón cunha 5:1 moi profundo. Co paso dos minutos o Cisne empezaba a conectar acertadamente cos seus pivotes e facía moito dano na defensa do Xiria que se vía incapaz de cerrar eses ocos.
O ritmo no marcador era demasiado exixente para o Xiria ao que lle costaba marcar en ataque e recibía gol con facilidade, o tempo de partido foi agrandando a distancia no marcador cando o Xiria erraba no lanzamento e por veces perdía a posesión do balón.
Vitoria para o Cisne que o coloca coma favorito para facerse coa primeira praza e derrota para un Grupo Lemaco que nas vindeiras xornadas xogará contra os rivais directos na clasificación.