Esta pasada fin de semana celebrouse, na Piscina Carballo Calero de Carballo, o Campionato Galego de Distancias Cortas Xuvenil, Junior e Absoluto, no que o Club SAL, ademáis de proclamarse Campión Galego, fíxose con varios récords galegos e récords de España.
Nas probas individuais, os deporstistas laracheses conseguiron subirse ó primeiro posto do pódium en 12 ocasións levando otras tantas medallas de Ouro, así como 7 pratas e 9 bronces, tanto na categoría absoluta coma na xuvenil e junior, ademáis de facerse con varios dos récords galegos e récords de España:
- Noelia Loureiro Serrano, absoluta feminina
- Récord España e Rércord Galego no 50 m socorrista
- Récord Galego no 100 m supersocorrista
- Sergio Campos Varela, absoluta masculino
- Récord de España e Récord Galego 50 m obstáculos
- Récord Galego 50 m combinada
- Lucía Añón Sánchez, xuvenil feminina
- Récord Galego na 50 m combinada
- Alvaro Hidalgo Peón, junior masculino
- Récord Galego no 100 m supersocorrista
- David Fraga Rodríguez, absoluto masculino
- Récord Galego no 100 m supersocorrista
Nas probas de relevos subíronse ao pódium en 8 ocasións e tamén conseguiron facerse co récord de España e récord galego na proba de relevos obstáculos e no relevo combinado en categoría absoluta masculina, así coma o récord galego no relevo remolque manequín na mesma categoría.
O Club acabou o Campionato con moi boas sensacións e pensando en seguir preparándose para o Campionato de España de Distancias Cortas Xuvenil, Junior e Absoluto que se celebrará na Piscina Parquesol de Valladolid os próximos 2 e 3 de marzo.