A cita ten lugar o domingo 10 de marzo no concello de Teo coa categoría Junior do Club, pero ademáis de competir, o Club Ciclista Carballo tamén leva a cabo actividades nón competitivas coma visitas a varios centros de ensino, colaboración no día da bici e na actividade promovida polo concello, denominada Bici Bus. O equipo conta coa colaboración dos técnicos: Diego, Manuel, Juán Manuel e Vanesa María. Para este ano teñen a ambición de acadar grandes éxitos, intentando facer podio na maioría das carreiras, disputar todas as probas autonómicas en Galicia e algunhas fora como en Asturias, Castela León ou incluso en Portugal.
O Club Ciclista Carballo quere agradecer ao concello, a Carballo a Un Paso, Policia Local, Protección Civil e ás empresas colaboradoras a súa axuda, felicitando tamén a pais e nais polo seu esforzo día a día.
