39
O miradoiro de Santa Irena en Lema, foi o escenario da presentación da nova imaxe do Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino, que estrea patrocinador e unha vistosa e moderna equipación na que non falta nin a máscara protectora homologada. No acto, que se celebrou con todas as medidas de distanciamento e protección fronte á COVID-19, participaron Vanesa Loureiro, presidenta do club; Diego Vázquez, en representación da empresa patrocinadora; Guillermo Sande, técnico da Federación Galega de Ciclismo; Marcos Trigo, concelleiro de Deporte, e Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica e vicepresidente da Deputación da Coruña.