39
O Club de Motomontañismo Arteixo doou ao Concello da Laracha material de protección e sanitario formado por guantes e pantallas protectoras. A entrega fíxose este sábado no edificio administrativo da Laracha, onde os representantes do Club foron recibidos polo alcalde, José Manuel López, e membros da Policía Local e de Protección Civil. Desde o Concello da Laracha mostran o seu agradecemento ao Club de Motomontañismo Arteixo pola súa colaboración, que tamén está a realizar con concellos, entidades e asociacións da zona.