O Club de Salvamento Acuático Laracha no campionato de España

0 minutes read

Nesta fin de semana celebrase na praia de Ris, da localidade cántabra de Noja, o Campionato de España de salvamento e socorrismo en categorías infantil e cadete.
O Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) contará con nove deportistas neste evento: sete infantís e dous cadetes.
Este venres partiu o autobús da expedición larachesa. Xunto aos nove competidores tamén viaxan varios dos seus familiares e o adestrador do club Diego López.
O alcalde, José Manuel López Varela, desexoulles unha feliz viaxe e animou aos deportistas de cara a esta competición nacional na que representarán ao Concello da Laracha.