35
Representantes do club ciclista Laracha en Dúas Rodas realizaron unha entrega de alimentos non perecedeiros ao Concello da Laracha que foi recollida polo alcalde, José Manuel López Varela, e a edil responsable da área de Servizos Sociais, Rocío López.
A achega consistiu en 240 litros de leite, 38 paquetes de galletas, 54 paquetes de macarróns, 48 bricks de tomate frito, 30 latas de atún.
A distribución dos alimentos entre as familias con menos recursos será a cargo dos servizos sociais municipais. O Concello agradece esta mostra de solidariedade do club ciclista Laracha en Dúas Rodas que contribúe a continuar prestando axuda alimentaria a persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.