O Club Patín Conxuro, da Laracha, organiza o Campionato Copa Federación 2023

1 minutes read

O Club Patín Conxuro organiza o Campionato Copa Federación 2023 das Categorías Benxamín a Senior que se vai celebrar no pavillón da vila larachesa de Caión este sábado día 23 de setembro desde as 10:00 ata as 19:50 horas.

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cincuenta patinadores de toda a comunidad autónoma, donde executarán un dos seus programas obrigatorios, o programa longo.

Tomarán parte no evento catorce clubs de patinaxe de toda a comunidade galega, en concreto CPA Ágora, CP Ribeira, CP Porriño, CP Arealonga Chapela, CPA Coruxo, CP Sarela, CDP Boiro, CP Oroso, CDP Berenguela, CP Compostela, CPA Omega, CP Buxaina , CP Maxia e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.

O CP Conxuro presenta a 3 das súas patinadoras:

Inés Remuiñán: infantil  feminino
Antía Cotelo: cadete  feminino
Uxía Freire: xuvenil feminino
Natalia Rama: junior feminino 

Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, Deporte Galego e os patrocinadores Asteria, Argalla,O Noso Café e Maluca Lobe.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?