O Club Salvamento Acuático Laracha consolídase entre os mellores equipos da Liga Nacional

2 minutes read

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) protagonizou a pasada fin de semana unha das actuacións máis sólidas do curso competitivo, participando en Cerceda e Carballo nas segundas xornadas da Liga Española de Clubs nas categorías Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta. Os resultados individuais e por equipos, unidos á mellora sistemática das marcas da maioría das e dos deportistas, permiten ao SAL consolidarse como un dos equipos galegos con mellor progresión e rendemento nesta temporada.

Fiel á súa misión, visión e valores, o club reforza así o seu modelo deportivo baseado na formación integral, a igualdade, a inclusión, o respecto e o traballo en equipo.

O Club Salvamento Acuático Laracha asinou unha fin de semana excepcional, cun número moi elevado de deportistas posicionados nos primeiros cinco postos e un dominio moi destacado nas probas de equipo, especialmente en categoría infantil e cadete.

Os resultados consolidan ao SAL como un dos clubes máis fortes, regulares e en mellor progresión da Liga Española de Clubs, reflectindo un traballo continuo baseado na formación integral, na igualdade de oportunidades, na convivencia e no respecto.

O SAL segue medrando. Segue salvando, segue formando. Segue facendo historia.

O club quere agradecer o esforzo de todos os deportistas, a profesionalidade do equipo técnico e o apoio indispensable das familias, así como o labor das instalacións de Cerceda e Carballo e o seguimento da Federación Galega e da Federación Española de Salvamento.

Sobre o Club Salvamento Acuático Laracha (SAL)

O Club Salvamento Acuático Laracha é unha entidade deportiva de referencia en Galicia, especializada en salvamento deportivo e comprometida coa formación integral de deportistas de tódalas idades. Con mais de 80 licenzas federativas, o club desenvolve a súa actividade en A Laracha (A Coruña), promovendo o deporte como ferramenta de desenvolvemento persoal, cohesión social e vertebración territorial, en liña cos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030.