Esta pasada fin de semana sete deportistas do Club participaron no Open Internacional/Copa de Europa/Campionato de España na Piscina Olímpica La Salera de Castellón donde o equipo masculino absoluto, composto polos deportistas Pablo Amado, David Fraga, o junior Álvaro Hidalgo e o xuvenil Anxo López se fixeron con dous récords galegos nas probas 4x50m relevo combinado e 4x25m relevo manequín, clasificándose en 6º e 9º lugar, respectivamente. No relevo socorrista mixto junior, equipo formado polos deportistas junior Álvaro Hidalgo e Nerea Mallo e polos xuvenís Lucía Añón e Anxo López, clasificáronse no 8º lugar.
Os equipos que disputaron a proba de Lanzamento de Corda tamén conseguiron colocarse entre os dez mellores de España nas súas respectivas categorías; o equipo Junior femenino e Absoluto masculino en 8º lugar e o Junior masculino en 9º lugar.
Nas probas individuais tres dos deportistas conseguiron clasificarse no top ten de España nas súas categorías. O Xuvenil Anxo López clasificouse no 4º lugar no 100m Socorrista e 6º no 200m Supersocorrista e no 100m Remolque Manequín con aletas, e na categoría Junior, Nerea Mallo acadou o 5º posto no 100m Socorrista e Álvaro Hidalgo o 8º no 100m remolque manequín ocn aletas.
Con este Campionato os deportistas dan por rematada a tempada de piscina para centrarse en preparar a tempada de Praia da que se disputará a segunda xornada da Liga esta próxima fin de semana na Praia de Gandarío.