O Club Salvamento e Socorrismo Laracha chama á concienciación cidadá tras un maio tráxico en afogamentos

Segundo o publicado este mércores pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS), maio de 2025 converteuse no terceiro peor mes de maio da última década en afogamentos mortais, con 44 persoas falecidas. A cifra total de vítimas mortais no que vai de ano por afogamento no que vai de ano elévase xa a 138 vidas perdidas.

Consulta o informe completo da RFESS aquí

A maioría destes afogamentos ocorreron en zonas sen vixilancia, afectando especialmente a homes maiores de 55 anos, o que volve poñer de manifesto a importancia de máis prevención, máis educación e máis presenza de socorristas formados.

Desde o Club Salvamento e Socorrismo Laracha amosan a súa preocupación e dor ante estas cifras e fan un chamamento á sociedade para actuar con responsabilidade nas contornas acuáticas.

“A educación acuática é unha urxencia. Non podemos permitir que sigan morrendo persoas en espazos de lecer por falta de formación, vixilancia ou conciencia”, destacan desde a dirección do club.

Este sábado: concienciación no Día do Deporte

Coincidindo co Día do Deporte da Laracha, este sábado 7 de xuño, o club estará presente realizando accións de concienciación cidadá sobre a seguridade acuática e formación básica en RCP, achegando á poboación ferramentas sinxelas pero vitais para actuar en caso de emerxencia.

O Club SAL reafirma o seu compromiso como entidade formadora, promotora da seguridade acuática e defensora da vida. Entre as súas liñas de acción:

  • Formación continua en primeros auxilios para todas as idades.
  • Defensa do papel profesional do socorrista.
  • Colaboracións institucionais e sociais pola seguridade nas augas.

Related posts

A delegada da Xunta na Coruña visitou as obras de mellora da Casa de Cultura da Laracha

A parroquia larachesa de Soandres acolleu unha xuntanza veciñal contra a implantación dunha planta de biogás

Zas acollerá este sábado a presentación do libro ‘Que quede entre nós’ no marco do ciclo ‘Mulleres e territorio’