O Club Sysca campión galego cadete xuvenil


O pasado fin de semana 25 e 26 de febreiro foi de intensa actividade para o salvamento e socorrismo galegos, e para o Club Sysca en concreto.

O sábado 25 disputouse na piscina municipal de As Pontes de García Rodríguez o Campionato Galego Alevín-Infantil, a onde o club Sysca desprazou un total de 22 deportistas: 9 alevín femenino (Lara Martínez, Sara Muñiz, Noa Puga, Laura Rodríguez, Noelia Fernández, Suri Traba, Candela Padín, Belén Puñal, Julia García), 5 alevín masculino (Nicolás Cerviño, Manuel Ferreiro, Rodrigo Mata, Aritz Mata, Xurxo Pereiro), 2 infantil femenino (Raquel Muñiz, Uxia Pereiro) e 7 infantiles masculinos (Mateo Pallas, Lluc Pensado, Pablo Suárez, Leo Vega, Izan Novo, Teo Periscal e Hugo García).

Neste campionato o Club Sysca conseguiu o 3º posto na clasificación xeral, por detrás do Club SAL de A Laracha e o Club Acuático Umia de Caldas de Reis.

En canto a resultados individuais cabe destacar a:

  • Noa Puga na categoría Alevín Femenino, onde conseguiu 3 ouros individuais
  • Julia García tamén en alevín femenino, con 1 ouro individual
  • Pablo Suárez en infantil masculino, levando 3 bronces individuais
  • Lluc Pensado en infantil masculino con 2 pratas e 1 bronce individuais

Nos relevos, os resultados destacados foron:

  • Relevo infantil masculino con 4 ouros
  • Relevo alevín femenino con 1 ouro e 2 bronces

Ademáis, todos os deportistas melloraron marcas e mostraron unha evolución moi positiva

O domingo 26 tiña lugar, tamén na piscina de As Pontes o Campionato Galego Cadete-Xuvenil. Por parte do Sysca desprazáronse 23 deportistas: 3 cadete masculino (Álvaro Lavandeira, Hugo Bardanca, Mateo Cerviño), 8 cadete feminino (Sara Puñal, Sara Suárez, Raquel Suárez, Alejandra Casal, Marta Eirís, Clea Martínez, Noa Rodríguez, Antía Cousillas), 4 xuvenil masculino (Joel García, David Lema, Kevin Pallas, Brais Pensado), 6 xuvenil femenino (Andrea Eirís, Paula Ferradás, Carla Padín, Sara Padín, Julia Varela, Sara García).

O club Sysca logrou proclamarse CLUB CAMPIÓN GALEGO DAS CATEGORÍAS CADETE-XUVENIL.

En resultados individuais destacaron:

  • Raquel Suárez (cadete femenino) con 3 ouros e 1 prata.
  • Marta Eirís (cadete femenino) con 1 prata.
  • Sara Suárez (cadete femenino) con 1 bronce.
  • Álvaro Lavandeira (cadete masculino) con 2 ouros 1 prata e 2 bronces.
  • Paula Ferradás (xuvenil femenino) con 3 ouros (2 RECORDS GALEGOS), 1 prata e 1 bronce.
  • Sara García (xuvenil femenino) con 1 prata.

En relevos os mellores resultados foron:

  • Relevo cadete femenino: 4 ouros (1 RECORD GALEGO)
  • Relevo cadete masculino: 2 pratas e 1 bronce
  • Relevo cadete mixto: 1 bronce
  • Relevo Xuvenil femenino: 4 ouros (2 RECORDS GALEGOS)
  • Relevo xuvenil Masculino: 1 bronce
  • Relevo xuvenil mixto: 1 prata.

A próxima semana o Club Sysca volve a ter actividade, xa que se desprazan 11 deportistas a Valladolid a participar no Cto de España de Distancias Cortas.