0
A intervención consiste no acondicionamento da plataforma da vía, que actualmente presenta un pavimento de terra, mediante a dotación dunha capa de zahorra natural e a aplicación dunha nova capa para a superficie de rodadura dentro da zona de núcleo para favorecer o tránsito dos vehículos e usuarios neste ámbito no que existen vivendas particulares. Tamén se contempla o pintado das marcas viarias e a colocación da sinalización para reforzar a seguridade.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez e Pablo Cambón, acudiron ao lugar das actuacións para interesarse polo desenvolvemento dos traballos xunto aos operarios da empresa adxudicataria.