O Coído de Muxía estrea parque biosaudable con vistas de luxo

Cedida

  • A zona conta con oito aparellos de ximnasia ademais do parque infantil que existe na mesma contorna

As excusas para non realizar exercicio físico son cada vez máis difíciles de elaborar en Muxía, que desde este venres conta cun novo parque biosaudable, e cunhas vistas de luxo. A concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, e o alcalde, Iago Toba, visitaron durante a xornada de onte o resultado final destas instalacións, que se inaugurarán a próxima semana de xeito oficial, e que se suman ao parque infantil que existe no lugar.

A zona conta cun total de oito aparellos, cada un deles acompañado dun taboleiro explicativo de cada actividade, e tamén cun panel xeral que recolle todas as correctas normas de uso.