O colectivo dos transportistas do carbón endurecerá o calendario de movilizacións

1 minutes read

Unha caravana de camións e de coches entrará na Coruña este martes, calculan que serán uns catrocentos vehículos que poderían colapsar o tráfico da cidade, como xa sucedeu o pasado 16 de setembro. Terán o apoio, entre outros, dos comerciantes e dos traballadores das empresas auxiliares. Representan uns 250 postos de traballo dos ao redor de 800 que dependen da actividade da central térmicas de As Pontes. Este luns a ministra de transición ecolóxica recibe en Madrid a representantes dos traballadores e da empresa, unha xuntanza na que estará o alcalde de As Pontes para esixir o compromiso firme do Goberno co futuro da planta. Valentín González Formoso, alcalde de As Pontes afirmq que «A un complexo así no que se están buscando alternativas de combustible ao carbón hai que deixarlle a oportunidade de demostrar que pode sobrevivir e facer un papel importante na sociedade circular do futuro».