O colectivo Feminismo en Pé convoca unha manifestación en Ponteceso con motivo do 8M

1 minutes read

Este 8 de marzo xuntaranse para berrar que o feminismo, malia a persecución e terxiversación maliciosa de quen pretende aterralo, segue vivo. “Porque non nos deixamos enganar polos logros acadados e non esquecemos todo o que queda por facer para acadar unha vida digna e libre para as mulleres, porque sabemos que NON SEREMOS MULLERES LIBRES MENTRES SIGA HABENDO MULLERES SOMETIDAS”, afirman desde a Entidade.

Este venres sairán ás 20:00 horas desde o IES Eduardo Pondal e percorrerán as rúas da vila ata a Praza do Recheo de Ponteceso.

Fan extensiva esta convocatoria a todas as organizacións e colectivos sociais da contorna, a prol de visibilizar do xeito máis rotundo posible o rexeitamento da desigualdade entre homes e mulleres na sociedade.