O colectivo Feminismo en Pé convoca unha manifestación en Ponteceso con motivo do 8M

Este 8 de marzo xuntaranse para berrar que o feminismo, malia a persecución e terxiversación maliciosa de quen pretende aterralo, segue vivo. «Porque non nos deixamos enganar polos logros acadados e non esquecemos todo o que queda por facer para acadar unha vida digna e libre para as mulleres, porque sabemos que NON SEREMOS MULLERES LIBRES MENTRES SIGA HABENDO MULLERES SOMETIDAS», afirman desde a Entidade.

Este venres sairán ás 20:00 horas desde o IES Eduardo Pondal e percorrerán as rúas da vila ata a Praza do Recheo de Ponteceso.

Fan extensiva esta convocatoria a todas as organizacións e colectivos sociais da contorna, a prol de visibilizar do xeito máis rotundo posible o rexeitamento da desigualdade entre homes e mulleres na sociedade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha