O Colexio de Médicos da Coruña presentou unha denuncia nas instalacións do Corpo Nacional de Policía, en Lonzas, por usurpación de identidade do seu presidente, Luciano Vidán, e por intento de estafa.
A entidade detectou un correo electrónico enviado desde Rusia no que se usurpaba a identidade do seu presidente, “cunha clara intención de estafar os seus destinatarios”. Solicitábase que o receptor realizara transferencias bancarias a unha conta diferente á anunciada polo Colexio de Médicos da Coruña. A entidade xa abrira unha conta con 100.000 euros para mellorar a protección dos facultativos fronte á COVID-19. Nela, convidaban a particulares, empresas e institucións a facer doazóns.
Tras presentar a denuncia correspondente, o Colexio de Médicos da Coruña lembra que os que queiran participar nesta iniciativa, o fagan única e exclusivamente, ingresando as súas achegas na conta Abanca con IBAN ES76 2080 0058 1330 4003 3560, e que se absteñan de facer donativo algún “á marxe deste procedemento”.