O Colexio de Xeólogos impulsa dende Laxe o Plan Cultural Costa da Morte

1 minutes read

O alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, e o presidente do Colexio de Xeólogos e vicepresidente de Ponteceso Cultura Permanente, Manuel Regueiro y González-Barros, mantiveron un encontro na vila laxense no que, entre outros temas, abordaron a posible creación dun Plan Cultural Costa da Morte, un proxecto que complementaría ás actividades realizadas polas Administracións locais e organizacións culturais da comarca durante todo o ano.

Manuel Regueiro destacou que “o potencial paisaxístico e cultural da Costa da Morte é impresionante, sobre todo coa maxia do Camiño dos Faros, polo que é moi importante seguir ofrecendo servizos durante todo o ano para visibilizar máis a zona a través da coordinación e cooperación conxunta dos Concellos”.

O alcalde de Laxe mostrou a “disposición do Concello para poder sacar adiante un programa que só traería beneficios, tanto a nivel veciñal como turístico, xa que temos moitos tesouros que mostrar e, moitas veces, o principal problema é a resolución da loxística”.