Será este xoves 31 ás 20.30 horas, para mostrar á cidade o seu último traballo e repasar o seu repertorio. O artista, que visitou A Coruña por primeira vez hai 22 anos, é un dos músicos máis recoñecidos da escena internacional, unha figura histórica de primeiro nivel e tamén un dos autores con maior experiencia sobre os escenarios, cunha carreira que comezou nos anos 60. A ampla traxectoria musical do inglés maniféstase a través da súa discografía, presentando nesta xira o seu último álbum «Lastest Record Poject Volume 1», o 44º da súa carreira, da que forman parte discos míticos como Astral Weeks (1968), Moondance (1970), Saint Dominic’s Preview (1972) ou Veedon Fleece (1974).
A posibilidade de ver ao «León de Belfast», tal e como é coñecido entre o público, truncouse o pasado mes de decembro por motivos de saúde do artista. Porén, Van Morrison regresa á Coruña con moita forza e con ganas de mostrar a súa música. Será, de feito, a primeira cita desta primaveira no recinto municipal.