Este sábado 26 de febreiro o Coliseum da Coruña rexistrou o seu primeiro concerto con capacidade completa desde febreiro do 2020. O fin das restricións de capacidade posibilitou que practicamente a totalidade das localidades ofertadas para a actuación de C. Tangana fosen vendidas. Ademais, foi a primeira actuación con público de pé desde que comezou a pandemia.
Deste xeito, o recinto municipal xestionado polo IMCE afronta un 2022 cun calendario maracado polas grandes citas con artistas nacionais e internacionais. A primeira delas foi a do propio C. Tangana, que presentou en directo o seu último traballo ‘El Madrileño’, un dos grandes éxitos do 2021. O concerto deste sábado coincidiu co primeiro aniversario do álbum, publicado o 26 de febreiro de 2021.