O comercio local de Camariñas, máis solidario que nunca coa AECC

Reunión comercio local_Concello de Camariñas

  • Cada establecemento aportará 20 euros e venderá máscaras con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama

O comercio local de Camariñas lanza unha iniciativa para recadar fondos polo Día contra o Cancro de Mama, e todos os beneficios irán destinados á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, encargouse de poñer en contacto aos comerciantes coa AECC para poder articular a entrega dos fondos recadados. Cada establecemento adherido aportará 20 euros e, ata o próximo martes 20 de outubro, tamén venderán máscaras solidarias.

Polo momento, os comercios que participan son Ricardo Más (Camariñas), Modas Guillermina (Ponte do Porto), Óptica O Faro (Camariñas), Panadería Perla (Camelle), Moda Azucena (Camariñas), Encaixes Gelina (Camariñas), Peluquería Animor (Camariñas), Floristeria Alecrín (Xaviña), Bar Pillo (Arou), Encaixes Montse Freire (Camariñas), Librería Ler (Ponte do Porto), Oreiro Moda (Camariñas), O rincón de Chus (Camariñas), d’Pauu (Camariñas), Calzados Silvia (Camariñas), Kerubín Moda Infantil (Camariñas) e Sofi-Lin (Camariñas).