Camariñas | O comercio local recada 400 euros para a Asociación Española Contra o Cancro

Recadación AECC comercio de Camariñas_Cedida

  • O concello tamén colaborou nesta iniciativa ideada pola propietaria de ‘D’Pau’, Paula Iglesias

O comercio local de Camariñas recadou 380 euros para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), unha iniciativa desenvolvida con motivo do Día contra o Cancro de Mama e que contou coa colaboración do Concello.

Este luns a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, estivo presente na entrega dos fondos por parte de Paula Iglesias Tedín, impulsora desta acción solidaria e propietaria da tenda D’Pau, á presidenta da AECC, Pilar Ínsua. Tamén estivo presente no acto Diana Castro Tajes, que forma parte da directiva da asociación e é propietaria da tenda Chuchelandia.

Cada establecemento adherido aportou 20 euros nesta campaña, na que ademais se venderon máscaras solidarias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha