O comercio xa está de rebaixas

Tenda Pillados Cee.

Nas rúas máis comerciais da Comarca xa conviven os buscadores de gangas cos que apuran as compras para os Reis Magos. Circúlase con fluídez e os máis avezados saen con bos descontos sobre todo en roupa e complementos. Malia os grandes carteis e rótulos rechamantes hai persoas que aínda non se decataron de que !estamos en rebaixas!.

Promo Rebaixas, Tendas Pillados.

Os descontos poden chegar ata o 50% ou o 70%, porén, a gran maioría de consumidores sobre todo os maiores teñen interiorizado o día sete como o gran comezo dos saldos co cambio de escaparates dos grandes almacéns e o comezo da campaña, pero as rebaixas xa chegaron a tendas importantes de moda, é o caso de Tendas Pillados en Carballo e Cee.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha