48
O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia propón, para conter a crise sanitaria, que toda Galicia pase a estar nos dous niveis máis altos de restricións, dos catro que manexan, o que suporía que toda a hostalaría peche ás seis da tarde e que o número máximo de persoas por reunión sexa de catro. Os expertos seguen debatendo como van endurecer as limitacións de mobilidade, ocupación, toques de queda e contactos persoais ante a expansión do virus, polo que os detalles en profundidade os darán este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, nunha comparecencia conxunta.