O comité de empresa de Alcoa San Cibrao pide á expropiación urxente da factoría

1 minutes read

Os traballadores afirman que non permitirán a parada das máquinas e piden á Xunta e Goberno que movan ficha e que interveñan a planta. José Antonio Zan, presidente do comité de empresa afirmou que «esperamos que nestes días a Xunta e Goberno se movan. Non imos deixar de loitar de aquí a marzo, se queren parar as cubas estaremos en fronte». «Comprometéronse a que nos ían apoiar e que non se ían parar as cubas nin un minuto. Así que son eles os que nos teñen que apoiar e responder a esta guerra que lles acaba de abrir Alcoa», asegura Zan. O Goberno, por medio de Industria, afirma que se valoran todos os escenarios e que a decisión unilateral de Alcoa leva a un conflito duro e innecesario.