O Concello abonará as bolsas USA ás familias afectadas pola cancelación das becas

A Coruña no mundo_Bolsas USA_Concello

  • Os 60 mozos afectados por esta cancelación foron informados da devolución por vía telemática

O Concello de A Coruña acordou coa empresa CLS idiomas o rembolso pago das bolsas USA, que tiveron que cancelarse por culpa da crise da Covid-19. As 60 familias dos rapaces e rapazas que ían desfrutar deste programa educativo internacional foron informadas este mércores de que se lles devolverán as cantidades abonadas.

O concello cancelou as becas USA o pasado 5 de xuño pola incerteza xerada polo desenvolvemento da pandemia e ao non lles poder garantir ás familias e beneficiarias/os que se puideran cumprir as medidas de seguridade e de hixiene. Ante esta situación, o Goberno local decidiu non seguir adiante coas convocatorias por non poder asegurar que se leven a cabo os programas nos mesmos termos doutros anos. Así, deixouse sen efecto a resolución na que se aprobaron as bases reguladoras das Bolsas USA, dirixidas a estudantes de 4.º da ESO, en que se lles ofrecía a opción de adquiriren un dominio avanzado da lingua inglesa coa realización dun curso equivalente a 1.º de Bacharelato nos Estados Unidos.

A alcaldesa, Inés Rey, comprometeuse «a estudar unha solución para estes alumnos bolseiros de cara ao seguinte curso académico, sempre que sexa legalmente posible».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha