O Concello de Muxía programa viaxes ao aquapark de Cerceda os días 21 e 22 de xullo

1 minutes read
  • O período de inscrición estará aberto do 1 ao 16 de xullo, ambos incluídos

O Concello de Muxía abrirá o vindeiro xoves, 1 de xullo, a inscrición para acudir ao aquapark de Cerceda, que terá lugar os días 21 e 22 do mesmo mes. Esta actividade, que se enmarca dentro da programación cultural de verán ‘MuxiUp!, Súbeste á nosa aventura?’, organizarase en dúas quendas de 45 prazas cada unha. Ademais, cada xornada irá dirixida a grupos de idades diferentes.

A primeira, que viaxará a Cerceda o 21 de xullo, vai dirixida a rapaces de entre 8 e 12 anos. A segunda, que viaxará un día despois, irá destinada á rapazada de entre 13 a 18 anos.

As persoas interesadas poderán anotarse no teléfono 618 895 265, en horario de 9:00 a 13:00 horas, ou de xeito presencial no ximnasio municipal de Muxía. O prazo remata o 16 de xullo incluído.