- Esta reunión realízase con motivo do VII Congreso de Sustentabilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro, que se celebrará os días 5 e 6 de novembro
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, reuníronse durante a mañá deste luns en María Pita con representantes da Fundación FREMSS (Fundación Rendemento Económico Mínimo Sustentable e Social), entidade que aglutina o sector pesqueiro da cidade, con motivo da presentación do VII Congreso de Sustentabilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro, que a fundación organiza os días 5 e 6 de novembro.
A reunión, que foi unha primeira toma de contacto de carácter institucional, serviu para abrir unha nova etapa de diálogo e poñer sobre a mesa algún dos problemas que preocupan ao sector da pesca A Coruña, así como algún dos retos que ten por diante. «A intención do Goberno local é a de abrir unha nova etapa marcada polo diálogo e involucrarse coa comunidade portuaria, en especial co porto e o sector pesqueiro», explicou Inés Rey no transcurso do encontro.
Pola súa banda, os portavoces da FREMSS solicitáronlle ao Concello a súa colaboración nas campañas de promoción do peixe do porto coruñés e presentaron algunhas medidas concretas como a apertura da lonxa para degustacións, xornadas gastronómicas ou showcookings.
Outra das cuestións que se abordaron foi o interese da Fundación FREMSS en que se avance no proxecto do ferry que uniría o porto da Coruña con Inglaterra e Irlanda coa posibilidade de transporte de peixe.
A reunión contou coa presenza de Juan Carlos Corrás, presidente da Lonxa Torcuato Teixeira, vicepresidente da Lonxa e patrón da FREMS, e José Luis Otero, xerente da Lonxa.