O Concello acondiciona estacionamentos e accesos ao campo de fútbol e ao tanatorio de Zas


Aproveitando os últimos días de verán puxéronse en marcha as obras de acondicionamento das áreas de estacionamento e accesos ao campo municipal de fútbol de zas e ao tanatorio municipal. Para o Concello de Zas o obxectivo destes traballos é mellorar notablemente a estética e a accesibilidade da zona para o cal se invisten un total de 92.498,96€ con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2020 Complementario. Estas son obras demandas pola veciñanza e que entran dentro plan de mantemento e conservación dos espazos públicos posto en marcha polo goberno municipal. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e os Tenentes de Alcalde, Óscar Lema e José Manuel Brenlla; achegáronse ata a zona para ver a evolución das obras que está a executar a empresa Construcciones Cernadas S.L.