O Concello acondiciona os camiños rurais das parroquias carballesas de Rus e Sísamo

Concello de Carballo

  • As actuacións, nas que a Administración local inviste 60.000 euros, mellorarán máis de 2 quilómetros de vías rurais

O Concello de Carballo destina 60.000 euros á mellora de 2.175 metros máis de camiños de uso agrícola e forestal. A empresa Excavaciones y Obras Candal iniciou nos últimos días os traballos nas dúas vías das parroquias de Rus e Sísamo que serán acondicionadas dentro do plan da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Os traballos van encamiñados a adaptar o firme ás características do tráfico que soportan os camiños, mellorar a seguridade viaria, a integración ambiental ou a sinalización.

Na parroquia de Rus mellorarase o camiño de Ferrol á AC-400 a través dunha regularización da vía e na adecuación do sistema de drenaxe. Por outra banda, na parroquia de Sísamo o obxectivo é o acondicionamento dos 1.300 metros do camiño de Ramil a Figueroa, e contará coas mismas actuacións.