O antigo colexio de Xaviña, en Camariñas, proposto como Casa do Maior

Escuela de Xaviña_Concello de Camariñas

  • As persoas interesadas neste proxecto deberán acondicionar o local. A duración máxima de autorización de ocupación será de 5 anos.

Na Xunta de Goberno Local de Camariñas, celebrada este mércores, acordouse ofertar o antigo colexio de Xaviña para que funcione como Casa do Maior: pequenos centros de día que a Consellería de Política Social da Xunta fomenta no rural para cubrir este servizo. O Concello cree que o local é apto para acoller unha instalación destas características, ofrecendo dúas aulas da planta baixa.

No mes de marzo, a Consellería de Política Social aprobou as bases para a concesión de axudas para a posta en marcha de Casas do Maior polo que o servizo estará financiado integramente pola Xunta de Galicia. As persoas promotoras deste proxecto poderán presentar as súas solicitudes sabendo que unha das condicións establecidas é realizar a adaptación do inmoble. A duración máxima de autorización de ocupación será de 5 anos.

“Queremos colaborar no fomento da autonomía das persoas maiores e este é un servizo necesario e demandado que se fará a coste cero a través desta vía”, destacou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua.